Inicio

Benvidos e benvidas ó sitio web do podcast Gurrucho de Vozcast. Somos un pequeno grupo de xente que se xunta para crear un podcast en galego. Falamos de temas que nos gustan e nos interesan. Non temos ningunha pretensión, nin tampouco moita vergoña. Aquí tedes os nosos últimos programas, porén, para ver a lista completa podedes ir ao apartado Podcast.

Gurrucho Schwarzenegger e Acción. Podcast en galego Gurrucho de Vozcast

Falamos do xénero de acción, ese xénero tan cinematográfico, e dun dos seus máximos expoñentes e impulsores, o actor/culturista/político austriaco/estadounidense Arnold Aloise Schwarzenegger. Adentrámonos aquí na súa obra máis cinética (unha forma de dicir que falamos das poucas pelis das que non o fixemos xa noutros podcast)
  1. Gurrucho Schwarzenegger e Acción. Podcast en galego
  2. Gurrucho 2001 Unha Odisea no Espazo e a IA. Podcast en galego
  3. Gurrucho Shyamalan e Thriller. Podcast en galego
  4. Gurrucho Oscars e Premios. Podcast en galego
  5. Gurrucho Robin Hood e Medievo. Podcast en galego

 

Gurrucheiros

Gurrucheiros na faena

 

Podcast

Cada mes sacamos un episodio ou dous do noso programa e neste blog podedes atopar todos os podcast en galego que imos publicando en ivoox, podgalego e anchor. Tamén publicamos algúns anacos interesantes dos mesmos e artigos relacionados cos temas que tratamos. Os temas que tocamos son variados, case sempre adicando un programa a un xénero ou concepto xeral, e a unha obra ou autor particular. Así, por exemplo, se falamos de fantasía épica en xeral, adicámoslle un bloco a un autor ou obra de fantasía épica, non sei, por exemplo… Tolkien?

Tráilers

Na sección de Tráilers podedes atopar pequenos anacos de series que propoñemos á TVG3 para que poidan ampliar o seu catálogo, non tanto de series, se non de xéneros de ficción, que ben poucos traballan. Distopía, aventura, ciencia ficción, vampiros, zombies, fantasía… temos de todo, pasen e miren!

Música

No apartado de música temos enlaces a Spotify das canción que creamos nós mesmos para eses tráilers que facemos. Tentan absorver o espírito dos xéneros que representan, e coido que algunha igual o consegue e todo. Teñen licencia Creative Commons, polo que son descargables e usables para quen lle interese. 

Rol

Hai outra sección para rol, xa que cando lle adicamos un programa a esta disciplina creamos un xogo coa súa historia e regras. O material que usamos está dispoñible nesta páxina.

Por último temos un apartado de contacto por se queredes enviarnos algúnha mensaxe con algunha   suxerencia, comentario ou un simple saudo.

 

2021-06-30T19:24:00

  days

  hours  minutes  seconds

until

Gurrucho Vikings